martes, 14 de mayo de 2013

ByStaxx

Quen é ByStaxx?
Staxx é un Youtuber e gamer español moi coñecido.O seu nome real é Frank e naceu en 1993. É a novena canle española máis popular de Youtube , pisándolle por moi pouco os talóns a Alexby11. Naceu na provincia de castellón pero mudouse con Willyrex a Madrid. Usa a Xbox360 para os seus vídeos pero tamén ten o PS3. É membro de Pain Game.O seu nome do usuario quere dicir By (feito por) Staxx. Tivo numerosas disputas con Willyrex discutindo sobre quen dos dous era mellor. Tamén é amigo de Abel e de Bartolo (videoscallofdutyesp) aínda que non demasiado amigo de Sara e Alexby , que moita xente cre. Ten unha noiva chamada Claudia , que tamén ten Twitter.
O seu canal
Staxx sobe vídeos de gameplays de xogos FPS , maioritariamente de Call of Duty pero non só diso. Ten 370.000 subs e 55.000.000 reproducións de vídeo na súa canle.Os seus vídeos son máis ben do tipo profesional máis que cómico. Creou a súa canle en 2011 , algo despois que Alexby11 , e iso demostra que gañou moita popularidade nestes anos.Sube vídeos con moita frecuencia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario