jueves, 4 de abril de 2013

Información sobre youtube

YouTube (pronunciación AFI [jutjub]) é un sitio web no cal os usuarios poden subir e compartir vídeos.Foi creado por tres antigos empregados de PayPal en febreiro de 2005. En outubro de 2006, foi adquirido por Google Inc a cambio de 1650 millóns de dólares e agora opera como unha das súas filiais.

YouTube usa un reprodutor en liña baseado en Adove Flash para servir o seu contido (aínda que tamén pode ser un reprodutor baseado no estándar HTML5, que YouTube incorporou pouco despois de que a W3C o presentase e que é soportado polos navegadores web máis importantes). É moi popular grazas á posibilidade de aloxar vídeos persoais de xeito sinxelo. Aloxa unha variedade de clips de películas, programas de televisión e vídeos musicais. A pesar das regras de YouTube contra subir vídeos con dereitos de autor, este material existe en abundancia, así como contidos afeccionado como videoblogs. Os enlaces a vídeos de YouTube poden tamén ser inseridos en blogs e sitios electrónicos persoais usando API ou incrustando certo código HTML.

No hay comentarios:

Publicar un comentario